Hoxe comeza a selectividade en Galicia, que inclúe novos controis como "escaneos aleatorios" nas aulas con detectores de frecuencias para evitar que o alumnado reciba instrucións dende o exterior durante os exames. Nas probas participan máis de 11.000 estudantes mentres a Xunta alimenta o debate sobre a necesidade dunha selectividade idéntica en todo o Estado, que o sindicato maioritario na educación, a CIG-Ensino, rexeita.
