Os grupos de PP e PSdeG no Concello de Catoira presentan unha moción de censura contra o alcalde do BNG e os presidentes provinciais de ambos partidos desautorízana, segundo confirmaron tanto Alfonso Rueda como David Regades. En xuño de 2019, os populares déranlle a alcaldía ao Bloque e a dirección nacionalista tamén desautorizara a alianza. Agora, prevén gobernar en coalición cos socialistas locais e o BNG reclama á dirección do PSdeG que "interveña" para frear a operación.
