Aldaolado, o dúo formado polas poetas Lucía Aldao e María Lado, lanza o seu primeiro disco e estréao en VINTE. Casa! é o seu primeiro traballo discográfico, un EP con media ducia de cancións que o público dos seus concertos máis recentes xa tivo ocasión de escoitar. [Foto: © Nacho Morán]
