O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, non recuncará como candidato do BNG en 2023 tras catro mandatos no cargo, os tres últimos (2011, 2015 e 2019) con maioría absoluta. O seu substituto como cabeza de cartel do Bloque será Pablo Vizoso, un dos actuais tenentes da alcaldía. "Esta xente do Goberno Municipal, loitadora, formada, capaz, e experimentada, será parte da nova xeración que siga modelando esta marabillosa transformación do noso Ribadeo", sinalou Suárez na comparecencia ante a prensa na que anunciou a súa decisión.
