Irmandiñas, de Aurora Marco, gaña o Premio de Investigación Baltar Feijóo que convoca a Fundación Rosalía de Castro. O xurado salienta que o libro é "unha obra de dilatada investigación que ilumina unha parte fundamental da cultura galega contemporánea desenvolta no período das Irmandades: a protagonizada por mulleres". Este premio de investigación, que chega á súa terceira edición, naceu para "contribuír ao fomento do estudo do período histórico" relativo ao fondo documental de Ramón Baltar Feijóo, depositado no Arquivo da Casa de Rosalía e que inclúe uns 400 documentos "dende o Rexurdimento e ata a Xeración Nós". Nesta reportaxe de Montse Dopico coñecemos máis sobre o libro, publicado en Laiovento.
