A Xunta aproba un anteproxecto de lei para xestionar o litoral malia a oposición do Estado. O Goberno galego someterá nos próximos días o texto a exposición pública pero xa avanza que quere considerar “estratéxicos” os “establecementos de turismo litoral situados en inmobles preexistentes de valor histórico ou arquitectónico”.
