O Tribunal Constitucional adía ao luns a súa decisión sobre se o Congreso pode aprobar hoxe a reforma xudicial proposta polo Goberno, o que deixa vía libre á tramitación. O PP tentou paralizar co seu recurso unha mudanza legal coa que o Executivo de Sánchez, que conta con votos para sacala adiante, quere desbloquear a renovación do propio Constitucional e introducir diversos cambios no Código Penal.
