A Xunta pecha tres polígonos de bateas na Pobra do Caramiñal (A, B e C), na ría de Arousa, "como consecuencia da contaminación detectada" na zona e para "evitar que cheguen ao mercado produtos mariños en condicións non aptas para o consumo humano", segundo consta na resolución ditada polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar). Fontes do sector consultadas por Praza.gal atribúen o peche á vertedura de fuel detectada o pasado martes na Illa. A Consellería do Mar, a preguntas de Praza.gal, confirma que Salvamento Marítimo "solicitou a mobilización" de Gardacostas "ante a aparición de manchas de contaminación mariña" na zona. Medios aéreos e mariños, engade a Consellería, están a facer seguimento para determinar o alcance deste episodio e esclarecer o acontecido". Na imaxe, vista de bateas na ría de Arousa dende a A Pobra do Caramiñal [CC BY-SA Praza.gal]
