O Banco Central Europeo multa con 3 millóns a Abanca por informar fóra de prazo dun ciberataque que sufriu en 2019. Segundo informa o regulador nun comunicado, en febreiro daquel ano, Abanca sufriu un ciberataque ao que respondeu supendendo temporalmente servizos como caixeiros ou banca móbil. O BCE engade que, alén da comunicación fóra de prazo, "a entidade abordou puntualmente os efectos do ciberincidente no momento en que se produciu" e que a multa non implica avaliación ningunha sobre a "solidez" do sistema informático do banco. A sanción é recorrible ante o Tribunal de Xustiza da UE.
