Morre en Lisboa aos 85 anos Nélida Piñón. Brasileira de nacemento e filla de emigrantes galegos procedentes de Cerdedo-Cotobade, a escritora nunca perdeu a súa relación con Galicia e facía gala continuamente desta identidade mixta, constituíndo ela propia unha ponte sobre o Atlántico. Galicia, onde recibiu numerosos recoñecementos, estivo continuamente presente nos seus libros, tanto nas obras de ficción (por exemplo en A República dos Sonhos ) coma nas biográficas, coma a recente Uma furtiva lágrima, onde escribe "Gardo Galiza no nicho da memoria".
