A Xunta descarta declarar A Coruña zona tensionada polo prezo da vivenda, logo da petición do Concello. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, di que "non ten sentido" facelo e pide esperar a ver se a lei de vivenda estatal "é constitucional".
Fálase
Israel declara o estado de guerra logo dun ataque sorpresa desde Gaza de Hamás, que lanzou máis de 5.000 foguetes e infiltrou milicianos en territorio israelí. Imaxe: BBC.
Sumar propón a amnistía a independentistas polo procés a partir de 2013 e estendela aos policías do 1-O. A formación de Yolanda Díaz presentará o vindeiro martes en Catalunya o seu documento sobre a amnistía.
A número 2 do PPdeG, Paula Prado, publicita desde un concesionario de coches a rebaixa de impostos á compra-venda de vehículos de segunda man anunciada por Rueda. Prado di no establecemento especializado en coches de ocasión que a medida está "pensada desde o sentidiño e para as familias".
O Corno, gran triunfadora do OUFF de Ourense cos premios á Mellor Dirección e Mellor Película da Sección Panorama Galicia. Xunto ao filme de Jaione Camborda, Xavier Villaverde levou o galardón ao Mellor Guión polo documental María Casares: A muller que viviu mil vidas e Nathalie Poza o recoñecemento á Mellor Interpretación por Honeymoon. Florencio na Terra, de Domingo D. Docampo, acadou unha mención especial. A entrega de premios será o sábado 7 de outubro durante a Gala de Clausura do OUFF.
A Editorial Galaxia recolle o Premio ao libro Mellor Editado 2022 por Maxina ou a filla espuria. O acto tivo lugar na Feira Internacional do Libro (LIBER) de Madrid e o galardón (terceiro premio na modalidade de facsímile) foi entregado pola directora xeral do Libro, o Cómic e a Lectura, María José Gálvez. A edición da obra de Marcial Valladares, considerada a primeira novela en galego, contou co deseño e maquetaxe de Hayat Husein e prólogo de X. A. Fernández Salgado.
Morre aos 85 anos José Silveira, empresario vigués propietario de Remolcanosa e Elcano que tamén tivo Povisa, empresas adxudicatarias de múltiples contratos públicos.
Rueda di que "a inmensa calidade das obras en galego" xustifica galardóns como a Cuncha de Ouro ou sucesivos premios nacionais de literatura, pero deslígaos do uso da lingua no Congreso. Preguntado polo feito de que sexa con Pedro Sánchez no Goberno central cando se estean a recibir tantos premios estatais a obras galegas e se autorice o uso do galego na Cámara Baixa, o presidente da Xunta di que o segundo é froito "dunha petición dos seus socios de investidura".
O escritor e dramaturgo noruegués Jon Fosse gaña o Nobel de Literatura "polas súas obras innovadoras e a súa prosa que dan voz ao indecible". [Fotografía CC BY-SA Tom A. Kolstad / Det Norske Samlaget]
O grupo Xeal vende as fábricas e as centrais hidroeléctricas a un grupo checo. A dirección das factorías informou por carta ao comité de empresa da venda do 100% das accións do grupo á empresa Energo-Pro.