A Xunta pedirá permiso ao Tribunal Superior para recuperar a prohibición dos encontros entre persoas non conviventes entre as 2 e as 6 da madrugada. Ademais, anuncia o peche da hostalería a medianoite agás venres e sábados, que será ás 1 da madrugada. Pubs e discotecas terán que pechar ás 2 da madrugada. As medidas estarán en vigor ás 00:00 do día 31 e prolongaranse ata o 18 de xaneiro, segundo vén de anunciar o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.
Fálase
A Xunta comunica este mediodía as medidas pola COVID que prevé para Noitevella e Aninovo nunha comparecencia ante a prensa do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, prevista para as 13h. Feijóo e Comesaña mantiveron no serán deste luns unha xuntanza (na imaxe) con membros do comité clínico que os asesora. (Foto: CC-BY-SA David Cabezón / Xunta)
- CONSÚLTAAS AQUÍ 👉 A Xunta pide aval xudicial para vetar encontros de non conviventes tras o peche dos pubs, aos que limita horarios
- Unha pandemia totalmente diferente: máis positivos ca nunca pero ata agora moitas menos hospitalizacións
- Noiteboa foi o día con máis PCR procesadas no Sergas dende o comezo da pandemia
O Tesouro Públco ingresa os primeiros 10.000 millóns de euros dos fondos NextGeneration de recuperación. A Comisión Europea confirmou este luns o desembolso ao Goberno de España, o primeiro dos Estados membros en recibir esta primeira achega.
Jácome renomea como 'Artes e Festexos' a Concellaría de Cultura do goberno bipartito de Ourense, que comparte co PP
Tanxugueiras, palabra do ano 2021 na votación organizada polo Portal das Palabras da Real Academia Galega e a Fundación Barrié. A gañadora "é símbolo dos novos camiños da música tradicional galega e que chanta as súas raíces na toponimia", destaca a RAG. As seguintes opcións preferidas foron resiliencia e vacinódromo.
O mundo di adeus a Desmond Tutu, o arcebispo emérito surafricano que foi clave na loita contra o apartheid, labor que foi recoñecido co premio Nobel da Paz en 1984. Faleceu este 26 de decembro aos 90 anos de idade.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, adianta nunha entrevista concedida a Europa Press que a Xunta traballa "dende o punto de vista normativo" en fórmulas para que o persoal sanitario que non estea vacinado -unha minoría- teña que someterse de forma constante a probas de detección da COVID co obxectivo de dar "garantías" á cidadanía que fai uso da atención sanitaria.
O domingo chega con avisos amarelos por chuvia no interior de Pontevedra e no oeste e suroeste da Coruña e avisos amarelos por fortes ventos na Mariña, norte da Coruña e nas montañas de Lugo e Ourense, informa Meteogalicia. A inestabilidade continuará este luns.
🎄Durante o Día de Nadal, Praza non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o domingo, día 26, estamos de volta. Boas festas!
Máis dun milleiro de soños galegos en Twitter durante 2021. VINTE volve explorar os soños compartidos nesta rede social durante o ano que remata e tamén ao longo dos dous anteriores: gatiños, ataques terroristas, encontros con famosos, covid e vacinas…