O Sergas dá por finalizada a vacinación contra a COVID de persoas usuarias e traballadores das residencias de Galicia tras subministrar esta semana a segunda dose aos últimos membros deste colectivo prioritario. Os centros que sufriron gromos recentemente recibirán a vacina "así que se normalice a situación". O luns Sanidade comeza a chamar os maiores de 80 anos para empezar a vacinalos a partir do 22 de febreiro.
