Feijóo nomea delegado da Xunta en Pontevedra o ata agora alcalde de Rodeiro, Luis López Diéguez, tras a condena a dous anos de cadea da súa antecesora, Luisa Piñeiro. O presidente pide “desculpas” á cidadanía da vila “por prestar un alcalde elixido en urna”. [Imaxe: Xunta]
Fálase
A única deputada de Ciudadanos na Deputación de Ourense abandona o partido, segundo adianta La Región. Montserrat Lama, concelleira en Xinzo, marchou do PP no pasado mandato tras ser voceira do goberno de Baltar e deixa C's mentres se suceden os movementos para unha eventual moción de censura na institución provincial.
O Ministerio de Sanidade actualiza a estratexia de vacinación da COVID, incluíndo a vacina de Oxford-AstraZeneca e os novos grupos prioritarios. O documento íntegro pódese consultar aquí. Ata o pasado martes, recibiran as dúas doses da vacina en Galicia un total de 54.604 persoas e o Sergas levaba administradas 114.462 doses, o 76,5% das recibidas, segundo datos do Ministerio. Os da Consellería de Sanidade, pechados horas despois, indicaban que eran xa 114.783. Podes acceder nesta ligazón ao gráfico interactivo sobre a evolución da vacinación en Galicia.
O Tribunal Superior avala que o Concello de Vigo continúe a construción de ramplas mecánicas na Gran Vía sen permiso de Patrimonio. Os xuíces din que a Xunta non argumentou debidamente por que as ramplas poderían afectar aos edificios catalogados da contorna. Hai dous meses inaugurouse o primeiro treito de ramplas pero seguintes fases foron paralizadas por Patrimonio da Xunta.
Unhas 54.000 persoas recibiron xa as dúas doses da vacina contra a COVID-19 en Galicia, as que fornecen a inmunidade. Segundo os datos divulgados este martes polo Ministerio de Sanidade, o Sergas levaba administradas ata o sábado 114.111 doses, se ben datos máis recentes da Consellería de Sanidade situábanas onte en 114.423. [Preme aquí para veres o gráfico interactivo] Este mércores, o Parlamento Europeo aborda coa presidenta da Comisión, Ursula Von der Leyen, a xestión da UE na contratación e distribución das vacinas.
Un xulgado condena a multas de 180 euros a cada unha das oito persoas que subiron ao balcón da coruñesa Casa Cornide, dos Franco, reclamando a súa recuperación.
A Xunta inclúe Asturias na obriga de control polo coronavirus de viaxeiros que cheguen a Galicia, na que segue Castela e León. Unha nova actualización da anterior listaxe de territorios, do 26 de xaneiro, mantén igualmente a esixencia de comunicar as estancias en Portugal e Francia.
O ex-conselleiro Antonio Couceiro, novo presidente do Deportivo. Abanca sitúa o tamén ex-presidente do Porto da Coruña á fronte do club tras prescindir da actual directiva.
Hoxe comeza o primeiro xuízo sobre a 'caixa B' do PP, centrado na reforma da sede central do partido con diñeiro negro. Vén marcado pola nova confesión do antigo tesoureiro da formación, Luis Bárcenas, que tras o encarceramento da súa esposa volveuse amosar disposto a colaborar coa Xustiza mediante as súas revelacións.
O Ministerio de Saúde portugués rexeita o ofrecemento lanzado pola Xunta para que o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo acolla doentes de Covid-19 procedentes de Portugal. O Executivo luso agradece a proposta, mais sinala que "a situação da região Norte encontra-se estabilizada e com capacidade de resposta previsível para os próximos dias"