A Xunta declara cinco novos focos de enfermidade hemorráxica epizóotica en explotacións bovinas de Lugo e Ourense, nos concellos de Piñor, Esgos, Baños de Molgas, Friol e O Saviñao. Son xa 18 as comarcas veterinarias con focos de EHE en Galicia.
Fálase
Pintadas na sede do PSOE de Ferrol logo da terceira noite de disturbios ultras en Madrid contra a lei de amnistía que negocian socialistas e o independentismo catalán. A ex-deputada autonómica e concelleira ferrolá, Beatriz Sestayo, denunciou o ataque á sede do seu partido.
A Real Academia Galega "exhorta" aos deputados e deputadas galegos nas Cortes que usen o galego na súa actividade parlamentaria. Nunha declaración institucional do seu plenario, a entidade destaca a importancia da reforma lexislativa que permite o uso da lingua propia no Congreso e no Senado, "polo simbolismo" e pola "asunción da pluralidade lingüística por parte das institucións do Estado".
O Primeiro Ministro portugués, António Costa, presenta a súa dimisión ao Presidente da República despois de que o seu Xefe de Gabinete fose detido nunha operación relacionada co negocio do litio e de que o propio Primeiro Ministro estea a ser investigado. "Encerro etapa com consciência tranquila", afirma Costa.
A policía portuguesa rexistra a residencia oficial do primeiro ministro e detén o xefe de gabinete de António Costa nunha operación relacionada co negocio do litio no país veciño.
O PP critica as cargas contra a concentración da ultradereita nas sede do PSOE en Madrid e evita condenar o asalto a Ferraz. Recrimina a Interior que obrigase a policía "a tratar a persoas que estaban na rúa coma se fosen CDR".
Novas concentracións en cidades e vilas galegas solidarizáronse este luns co pobo palestino. [Foto: BNG de Vigo]
A Fiscalía recorrerá o auto da Audiencia Nacional que pide investigar a Puigdemont e Marta Rovira por terrorismo no caso aberto contra Tsunami Democràtic.
O Tribunal Constitucional admite a trámite o recurso do Goberno de España contra a lei galega do litoral e suspende 29 dos seus 73 artigos. O Executivo central sostén que a norma vulnera as competencias básicas estatais na materia. [Imaxe: CC-BY-NC-SA Plan de Ordenación do Litoral - Xunta de Galicia]
Feijóo chama a protestar contra os pactos do PSOE co independentismo catalán o vindeiro domingo en todas as capitais de provincia e alenta a manifestación do día 18 en Madrid contra unha lei de amnistía. Foto: © PP.