Morre aos 69 anos o escritor, tradutor e académico chairego Darío Xohán Cabana. (Imaxe: © RAG)
Fálase
Falece Xosé Manuel Sánchez Mesejo, ex-coordinador comarcal de EU na Coruña, candidato á alcaldía en 2003 e membro destacado de CCOO e do Partido Comunista. Foi tamén un dos fundadores da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Foto: EU-Coruña
Gandeiros concéntrase ante a factoría de Larsa en Outeiro de Rei para reclamar "prezos xustos". para o leite. Convocados por UUAA, reclaman unha suba no importe ante o incremento dos custos de produción e anuncian "un boicot" ás industrias "que non muden a actitude".
Transportistas comezaron este martes o traslado de carbón desde Ferrol ata a central térmica das Pontes. Endesa ten previsto reactivarse nos vindeiros días de solicitarllo Red Eléctrica Española ante a continua suba dos prezos da enerxía.
A Xunta actualiza a 3.300 millóns o investimento que considera pendente para modernizar o ferrocarril galego. A cifra vai na liña do estimado tamén por Adif ou o Eixo Atlántico de cidades, ou por ela mesma cando con Asturias e Castela e León calculou hai dous anos en 3.100 millóns o investimento pendente no Corredor Atlántico de mercadorías.
Goberno central e sindicatos CC.OO e UGT pactan a suba das cotizacións un 0,5% para as empresas e un 0,1% para os traballadores durante os vindeiros dez anos. A patronal CEOE quedou fóra do acordo.
O reitor da Universidade de Santiago confirma o adianto electoral na institución académica. As eleccións á reitoría celebraranse o vindeiro 23 de febreiro de 2022. Os anteriores comicios na USC celebráronse en abril de 2018 e neles, Antonio López impuxérase con claridade a Juan Viaño. [Imaxe: © USC]
O xuíz non cre a nova testemuña que identificou o presunto asasino de Jimmy e volve dar por pechado o caso. O maxistrado non dá crédito ao testemuño dunha muller que sinalou o presunto autor da morte do seareiro deportivista e o Xulgado de Instrución número 20 de Madrid dá por finalizada a investigación logo de que a Audiencia Provincial o obrigase a reabrir a causa. A Liga de Fútbol profesional xa adianta que recorrerá este novo auto, ao igual que a familia do falecido.
Activistas de Greenpeace despregan faixas na planta de Reganosa (Mugardos) co lema O gas é caro e contamina para "denunciar a dependencia do gas" na xeración eléctrica e "sumármonos ás mobilizacións para pedir a súa eliminación e do resto de combustibles fósiles", sinala a organización ecoloxista. O vídeo da acción pode verse nesta ligazón [Imaxe: Greenpeace]
O PSdeG de Ourense finaliza a súa "peregrinación" a Madrid. Con esta iniciativa, os socialistas ourensáns pretenden "reclamar o amparo das institucións estatais, co fin de acabar co reparto caciquil dos cartos" por parte de Baltar, din.