O xuíz de Angrois adía máis dun mes a declaración de catro técnicos de Talgo sobre o suposto borrado de datos do tren. As comparecencias estaban previstas para os días 12 e 13 de decembro pero as partes pediron concentralas nunha única xornada.
Fálase
O xuíz do caso de Diana Quer devolve o veredito ao xurado ao constatar "posibles contradicións" e erros formais. O xurado popular entregou esta mañá as súas respostas ás 27 preguntas que deben determinar a culpabilidade de Enrique Abuín, El Chicle
As protestas do persoal da CRTVG mobilizado na plataforma 'Defende a Galega' chegan hoxe ao seu 80º venres negro reclamando o cumprimento íntegro da lei dos medios públicos
A Xunta di que as oposicións de Educación no ano electoral de 2020 incluirán 2.036 prazas de novo ingreso e 1.618 de promoción interna en 88 especialidades. Di prever que se convoquen antes de fin de ano. O sindicato maioritario do sector, CIG-Ensino, advirte nunha primeira valoración de que esta oferta de emprego suporía a creación de "cero postos de traballo" novos.
A Audiencia Nacional absolve á antiga cúpula de Caixanova por unha operación inmobiliaria de 40 millóns de euros en Madrid. Consulta aquí a información
O DOG publica este xoves os dous festivos locais que haberá en cada Concello en 2020. Súmanse aos 12 estatais e autonómicos xa aprobados que o próximo ano terán como principal novidade o día de San Xoán. (Imaxe: Xunta)
O xulgado que investiga o accidente de Angrois vén de prorrogar novamente a instrución pola súa complexidade. Tras a reforma legal que limitou os tempos de instrución, esta é unha formalidade que deben cumprir as causas máis difíciles para obter sucesivas prórrogas de ano e medio coas que neste caso veñen estando de acordo tamén as partes e a Fiscalía. O próximo paso será interrogar a varios técnicos de Talgo para aclarar o suposto borrado de datos do tren.
Traballadores bloquean a entrada á central térmica das Pontes nunha protesta que se estenderá ata as 7 da tarde, cando se unirán á manifestación en Ferrol pola reindustralización das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Concello e persoal piden a Endesa que aclare o resultado das probas con alternativas ao carbón logo de que anunciase que pechará as instalacións antes de 2022.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia organiza hoxe na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC a xornada Desinformación e ameazas á liberdade de expresión: Retos do xornalismo ante a irrupción dos extremismos. No encontro participan persoas expertas nestes eidos tanto do mundo académico como de diferentes medios, entre elas o director de Praza.gal, David Lombao.
Falece aos 75 anos Manoel Soto, primeiro alcalde democrático de Vigo tras a ditadura (1979-1991) polo PSdeG. Soto lideraría posteriormente outras formacións como Progresistas Vigueses ou o reconstituído Partido Galeguista. (Imaxe: Concello de Vigo)