A Comisión Europea desbota unha guía interna de linguaxe inclusiva tras protestas do Vaticano e da extrema dereita. A guía fora promovida pola comisaria de Igualdade, Helena Dalli, e pode consultarse nesta información de eldiario.es

A Comisión Europea desbota unha guía interna de linguaxe inclusiva tras protestas do Vaticano e da extrema dereita. A guía fora promovida pola comisaria de Igualdade, Helena Dalli, e pode consultarse nesta información de eldiario.es
O Concello de Lugo entregou este martes as súas Medallas de Ouro de 2020 e 2021 "aos sectores que coidaron á veciñanza nos momentos máis duros da pandemia". Recibíronas o persoal de servizos esenciais do propio Concello e mais representantes do persoal sanitario, farmacias, o transporte, os servizos de limpeza, servizos sociais, bombeiros, Protección Civil e forzas de seguridade.
Marta Ortega será presidenta de Inditex dende o 1 de abril de 2022 en substitución de Pablo Isla. Segundo vén de comunicar á CNMV, o consello de administración da multinacional "aceptou a renuncia" de Isla na súa xuntanza deste luns, 29 de novembro, "no contexto da súa desvinculación de mutuo acordo de Inditex". A empresa destaca de Marta Ortega, filla do fundador do grupo, Amancio Ortega, que "desenvolveu a súa actividade" na compañía dende hai 15 anos. A operación inclúe tamén a remuda do conselleiro delegado, posto que pasa a exercer Óscar García Maceiras, avogado do Estado e executivo que antes de incorporarse a Inditex exerceu en bancos como o Pastor, o Popular, o Santander ou a Sareb (o banco malo). [Imaxes: © Inditex]
A galega Marta Pazos (Marta Boiro) fai historia na Copa inglesa de fútbol ao clasificarse para a terceira rolda co Clapton, primeiro equipo da sétima categoría en chegar a esa rolda da FA Cup. A xogadora galega marcou un dos penaltis decisivos dun equipo coñecido pola súa ideoloxía antifascistas e por lucir as cores da bandeira republicana española na súa camisola.
O Goberno de España conclúe que as novas medidas do Goberno portugués pola COVID implican que, do 1 de decembro ao 9 de xaneiro, será "obrigatorio" contar cun test negativo (PCR ou antíxenos) certificado pola "autoridade sanitaria competente" tamén para entrar no país veciño por terra aínda contando con certificado COVID de vacinación. "Non existen controis fronteirizos, pero poden establecerse controis para comprobar estas medidas", agrega Exteriores, que especifica que en calquera caso aínda cómpre que o Goberno de Portugal "estableza os termos en que se aplican as novas medidas" . Na imaxe, un test de antíxeno con resultado negativo.
Nove candidaturas galegas na fase final dos Goya: Luis Tosar (Maixabel) e Javier Gutiérrez (La hija) optarán a seren distinguidos como mellor actor protagonista, Celso Bugallo (El buen patrón) como mellor actor de reparto e Chechu Salgado (Las leyes de la frontera), como mellor actor revelación. Ademais, Valentina, de Chelo Loureiro, é finalista no Goya como mellor longametraxe de animación e The Monkey, de Xosé Zapata e Lorenzo Degl’Innocenti, opta ao premio como mellor curta de animación. Zeltia Montes está nomeada na categoría de mellor música orixinal por El buen patrón e Tres, de produción galega con Frida Films, é finalista nas categorías de mellor guión orixinal e mellor son. Os Goya entréganse o 12 de febreiro en València. Todas as categorías, nesta ligazón. (Imaxe: © Academia de Cine)
Falece o fotógrafo lucense Carlos Valcárcel, referente da profesión e recoñecido polas súas imaxes da Galicia rural dos anos 70. Foto: © Editorial Canela.
Os novos contaxios de COVID mantéñense por riba dos 500 en Galicia, onde hai 21 persoas ingresadas nas UCI por coronavirus.
Centos de persoas maniféstanse no Barco por unha "sanidade digna" no oriente ourensán e contra a falta de recursos no Hospital Comarcal de Valdeorras. Máis información, hoxe en Praza.gal. Foto: Noa Presas.
Falece a escritora Almudena Grandes. Unha das máis importantes figuras da literatura en castelán morreu este sábado aos 61 anos a causa dun cancro. Foto: CC-BY-SA Jpedreira