Os novos contaxios de COVID mantéñense por riba dos 500 en Galicia, onde hai 21 persoas ingresadas nas UCI por coronavirus.

Os novos contaxios de COVID mantéñense por riba dos 500 en Galicia, onde hai 21 persoas ingresadas nas UCI por coronavirus.
Centos de persoas maniféstanse no Barco por unha "sanidade digna" no oriente ourensán e contra a falta de recursos no Hospital Comarcal de Valdeorras. Máis información, hoxe en Praza.gal. Foto: Noa Presas.
Falece a escritora Almudena Grandes. Unha das máis importantes figuras da literatura en castelán morreu este sábado aos 61 anos a causa dun cancro. Foto: CC-BY-SA Jpedreira
PP, Vox e Ciudadanos apoian a marcha de milleiros de policías contra a reforma da lei Mordaza. Os convocantes aseguran que a norma deixa indefensas as forzas de seguridade. Casado acusa a PSOE e Podemos de facelo para "poder incendiar a rúa cando non gobernen". Fotos. Jusapol.
Javier Guerra presenta a súa candidatura a liderar o PP de Vigo e confirma a súa "intención" de ser candidato á alcaldía en 2023. A outra aspirante á presidencia da formación local é a delegada da Xunta na cidade, Marta Fernández-Tapias,
O Carballo do Bosque do Banquete de Conxo gaña o certame estatal e optará a ser a Árbore Europea do Ano logo de apañar case 23.000 votos. Agora, competirá por facerse co galardón a nivel continental.
O TSXG autoriza á Xunta a esixir o certificado COVID nos restaurantes todo o día e nos bares dende as nove da noite. O Tribunal sinala que supón non só “evitar contaxios, senón tamén minimizar os riscos”, porque é “unha evidencia científica” que a transmisión da COVID-19 entre os vacinados é “moito menor á dos non vacinados”. Máis información, hoxe en Praza.gal
O Goberno de Portugal lanza un novo paquete de restricións pola COVID, que inclúe a extensión da obriga de presentar test negativo en diversas actividades ou o peche de bares e discotecas e a suspensión da actividade escolar unha semana tras o Aninovo. O test negativo tamén será esixido -mesmo para persoas vacinadas- en todos os voos con destino a Portugal continental; a respecto das fronteiras terrestres, o Executivo de António Costa indica que esta regra será aplicada "com as necessárias adaptações", sen especificar máis polo momento.
A Xunta publica no DOG a redución no número de comensais en restaurantes a 8 persoas por mesa en interiores e 15 en terrazas, entre outros axustes para o sector hostaleiro. O Goberno galego está pendente da autorización do TSXG para esixir nestes locais o certificado COVID.
Todos os grupos do Congreso agás a extrema dereita de Vox asinan a renovación do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Entre as medidas pactadas na renovación do pacto, cuxa primeira versión ía vencer en 2022, figuran máis recursos para a prevención e atención ás vítimas, así como incorporar á normativa estatal expresamente as violencias machistas de tipo económico, a violencia vicaria ou as do ámbito dixital, estas dúas últimas xa incorporadas recentemente á lexislación galega. [Imaxe: Ministerio de Igualdade]