Nove candidaturas galegas na fase final dos Goya: Luis Tosar (Maixabel) e Javier Gutiérrez (La hija) optarán a seren distinguidos como mellor actor protagonista, Celso Bugallo (El buen patrón) como mellor actor de reparto e Chechu Salgado (Las leyes de la frontera), como mellor actor revelación. Ademais, Valentina, de Chelo Loureiro, é finalista no Goya como mellor longametraxe de animación e The Monkey, de Xosé Zapata e Lorenzo Degl’Innocenti, opta ao premio como mellor curta de animación. Zeltia Montes está nomeada na categoría de mellor música orixinal por El buen patrón e Tres, de produción galega con Frida Films, é finalista nas categorías de mellor guión orixinal e mellor son. Os Goya entréganse o 12 de febreiro en València. Todas as categorías, nesta ligazón. (Imaxe: © Academia de Cine)
