Persoal dos medios públicos en folga lanza un SOS para o “rescate” da CRTVG. Cuarta xornada de paros na Radio Galega e mais na TVG, onde volveron cortar a emisión en directo do programa ‘O Termómetro’, símbolo das protestas pola externalización de contidos, que “agravan a manipulación informativa”, segundo destaca o Comité Intercentros.
Nas concentracións deste luns as traballadoras e traballadores recibiron o apoio do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, quen sinalou que a nova lei para os medios públicos impulsada pola Xunta supón unha “volta atrás” nun momento “no que todos deberamos estar traballando na transparencia e na democratización das institucións públicas”; e da secretaria nacional do sindicato CCOO en Galicia, Amelia Pérez.
👉🏻A folga na CRTVG volve interromper a emisión ao vivo e o comité acusa a dirección de tentar "rebentala"
