A visita, de Núria Figueras e Anna Font, editado por Kalandraka, incluída na prestixiosa lista The White Ravens 2024, elaborada pola Biblioteca Internacional da Xuventude, con sede en Múnic. Destaca pola "calidez" do texto e das ilustracións para o xurado, que o cualifica como "un libro encantador que che fai comprender o marabilloso e delicioso que pode ser gozar do silencio e, simplemente, escoitar o teu interior". A obra xa gañou o XVI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado que convoca o Departamento de Educación do Concello de Santiago e tamén recibiu o Premio Fundación Cuatrogatos 2024. Agora entra nesta listaxe xunto a 216 títulos en 44 idiomas e editados en 62 países.
Fálase
Premio Nobel de Literatura 2024 para Han Kang. A escritora surcoreana recibe a distinción, en palabras do xurado, "pola súa intensa prosa poética que confronta traumas históricos e expón a fraxilidade da vida humana". A novela de Kang A vexetariana pode lerse en galego grazas á tradución de Alba Verea Pérez na editorial Rinoceronte.
Aprobada por unanimidade a lei ELA no Congreso. Os grupos celebraron aplaudindo en pé o acordo acadado con esta Lei para mellorar a calidade de vida de persoas con Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) e outras enfermidades ou procesos de alta complexidade e curso irreversible. O texto expón unha serie de cambios lexislativos "orientados a garantir a mellor calidade de vida, a través da axilización dos trámites administrativos para o recoñecemento da discapacidade e a dependencia, nunha mellor atención integrada entre os sistemas de coidados sociais e sanitarios, das persoas afectadas con procesos neurolóxicos severos" que cumpran unha serie de criterios. Parte dunha proposta do colectivo de persoas afectadas pola ELA.
A xornalista canguesa Lara Graña, redactora xefa do Faro de Vigo, premiada pola Asociación de Xornalistas de Investigación polos seus traballos sobre o caso Hiperxel. O galardón, na categoría de xornalismo local, destaca "o valor da fontes empregadas e a valentía da reporteira". [Imaxe: © Faro de Vigo]
- HEMEROTECA | Informacións de Lara Graña en Praza.gal
O ministro de Transportes anuncia novas reducións na peaxe da AP-9, que chegarán por procedemento de urxencia ao Consello de Ministros do martes que vén "para contar canto antes" cos descontos. O pacto de investidura de Pedro Sánchez asinado entre PSOE e BNG incluía un desconto de ata o 75% para quen faga viaxes de ida e volta a diario desde os mesmos puntos de entrada e saída e sume 20 viaxes ao mes. Óscar Puente avanzou que o Goberno do Estado aumentará en 27,6 millóns de euros o orzamento para estas rebaixas nas peaxes da autoestrada, incrementando a partida comprometida nos orzamentos ata os 82 millóns de euros. [📸Cabinas de peaxe da AP-9 © Audasa]
- AMPLIAMOS 👉 Vía urxente para as subvencións adicionais á peaxe da AP-9 pactadas polo PSOE co BNG
- HEMEROTECA | BNG e PSOE pactan tren de proximidade e condonación da débeda "análoga" ao resto de comunidades
- HEMEROTECA | Rescatar a AP-9 custaría 904 millóns e aforraría 953: os resultados do estudo encargado polo BNG
- HEMEROTECA | Audasa segue batendo récords de beneficios tras pagar 20 veces máis polo IBI
A segunda xornada de folga nos medios públicos galegos volve interromper a emisión en directo da TVG. O comité intercentros, representante do persoal da CRTVG, convoca paros parciais, de 11.30 a 13 horas, os luns, mércores e venres contra "manipulación informativa", o anteproxecto da nova lei de medios que impulsa a Xunta ou a "externalización de contidos" como o programa O Termómetro, que volveu verse afectado pola folga.
- AMPLIAMOS 👉 A folga na CRTVG volve interromper a emisión ao vivo e o comité acusa a dirección de tentar "rebentala"
- O comité de folga da CRTVG insta a rachar coa "espiral de silencio que impera no sistema mediático galego"
- O primeiro paro cara á folga indefinida na CRTVG paraliza a emisión da televisión pública
- "Máxima tensión" nunha CRTVG con persoal a camiñar cara á folga indefinida
Vimianzo e Lousame rexistran os refachos máis intensos rexistrados ata agora durante a parte máis intensa do paso da borrasca ex-Kirk por Galicia, con 149 km/h e 131 km/h, respectivamente, segundo MeteoGalicia, que advirte de que o temporal "persistirá ata o mediodía". Nun contexto de alerta laranxa en terra en todo o país, unha das incidencias máis destacadas das últimas horas foi a caída dun muro lateral no IES de Porto do Son [Imaxe: © MeteoGalicia]
Os restos do furacán 'Kirk' deixarán a toda Galicia en alerta laranxa este mércores, e con alerta vermella no mar nas Rías Baixas. O vento comezará a soprar con forza a medida que avance a tarde deste martes e a chuvia irá intensificándose. O momento crítico, con refachos de vento máis fortes, agárdase para a vindeira madrugada, segundo avanza MeteoGalicia, que apunta que a partir do mediodía do mércores volverá a normalidade.
O independente Javier Sar, novo alcalde de Muxía ao ser aprobada a moción de censura contra o xa ex-rexedor do PSdeG, Iago Toba, que gobernaba en minoría con 5 concelleiros. A remuda na alcaldía foi posible cos votos a prol de PP (3 edís), IxMuxía (2) e da concelleira do BNG, á que a súa formación abriu expediente por apoiar a censura. O novo goberno presidido por Sar será de coalición entre IxMuxía e o PP. Imaxe do sinal institucional do Concello de Muxía.
Confirmado como un caso de violencia machista o asasinato dunha muller de 41 anos en Domaio (Moaña) o pasado sábado. A Delegación do Goberno de España contra a Violencia de Xénero vén de ratificalo mentres o home, que xa tiña antecedentes por violencia de xénero, vén de pasar este luns a disposición xudicial. Organizacións feministas convocan mobilizacións para este serán; na imaxe, recompilación das convocatorias elaborada pola Marcha Mundial das Mulleres. Trátase do terceiro asasinato machista no que vai de ano en Galicia tras os acontecidos en Ribeira e A Coruña.