O independente Javier Sar, novo alcalde de Muxía ao ser aprobada a moción de censura contra o xa ex-rexedor do PSdeG, Iago Toba, que gobernaba en minoría con 5 concelleiros. A remuda na alcaldía foi posible cos votos a prol de PP (3 edís), IxMuxía (2) e da concelleira do BNG, á que a súa formación abriu expediente por apoiar a censura. O novo goberno presidido por Sar será de coalición entre IxMuxía e o PP. Imaxe do sinal institucional do Concello de Muxía.
