A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e a eurodeputada Ana Miranda asisten ao acto de investidura da nova presidenta de México, Claudia Sheinbaum. "Un momento emocionante poder compartir con miles e miles de mexicanas este día histórico no que, por primeira vez, teñen a unha muller presidenta que no seu discurso demostrou ademais que ten un proxecto para seguir transformando México, onde a igualdade é unha peza fundamental", sinalou Pontón. Na súa visita estreitaron lazos coa comunidade galega en México, con distintas reunións con empresarios e galegos e galegas residentes na capital, e intensificaron os contactos políticos da formación nacionalista a nivel internacional, con diferentes encontros como os que mantiveron co presidente do Senado, Gerardo Fernández Noroña, ou a nova ministra da Muller, Citalli Hernández.