O Parlamento admite a trámite a iniciativa lexislativa popular Liberemos a Galega!, por unha CRTVG ao servizo do pobo. A plataforma en defensa dos medios públicos de comunicación, promotora da proposición de lei, que agrupa 40 colectivos e organizacións do ámbito audiovisual, social, cultural, político e sindical galego, despregará unha campaña para recoller, nun prazo de catro meses, as dez mil sinaturas que precisa para defender a ILP e que se vote na Cámara. [📸Representantes das promotoras da ILP no Parlamento CC-BY-NC-SA CIG]
