O Tribunal Superior de Madrid anula a sanción á ex-comisaria de Pontevedra destituída por afirmar que a "algunhas lles gustaría que as violase" un antidisturbios. O ditame foi adiantado por La Voz de Galicia e, segundo informa elDiario.es, baséase en que o acto en que pronunciou estas afirmacións non era oficial e que se difundiron ao transcender nos medios, non pola súa vontade.
Fálase
Concentración diante do Hotel Pazo de Sober durante o retiro do goberno da Xunta para manifestar que "as medidas adoptadas pola Consellería de Medio Rural non son suficientes para garantir a continuidade das persoas traballando as viñas". "A destilación de crise chega tarde e non solucionou o problema dos depósitos cheos das adegas; e as axudas para o mantemento da paisaxe son moi necesarias, pero non van servir para as persoas que malvenderon as uvas ou para aquelas que as van deixar sen vendimar", aseguran desde o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas.
O presidente da Xunta anuncia que a sociedade Recursos de Galicia (RDG) "xa iniciou os trámites para poñer en marcha, a principios do ano que vén, unha comercializadora propia para abaratar e descarbonizar o consumo de enerxía". A empresa denominarase RDG Comercializadora galega de enerxía e "terá como clientes obxectivos a sectores estratéxicos da economía galega e aos veciños dos proxectos de xeración de enerxía que a compañía comercialice". Ofertará, segundo avanzou Alfonso Rueda, unha "enerxía 100% renovable, por un prezo estable e substancialmente por debaixo de mercado".
👉🏻HEMEROTECA | A disolución do Parlamento deixa sen regular a sociedade de explotación de recursos naturais creada pola Xunta e varias empresas
👉🏻HEMEROTECA | A Xunta reduce ao 30% a participación na empresa coa que quere explotar recursos naturais, na que están Abanca ou Ence
👉🏻HEMEROTECA | "Temos o apoio das empresas", di Rueda ante as críticas do PSdeG ao modelo de explotación de recursos naturais do PPA vicepresidenta do Parlamento, Elena Candia, reúnese co alcalde de Badalona, o 'popular' Xavier García Albiol, para interesarse polas "políticas antiocupación" da cidade catalá. A presidenta do PP na provincia de Lugo e portavoz do grupo municipal do PP no concello lugués reuniuse co equipo de goberno de Albiol e cualificou como "moi interesantes" as súas "solucións" nesta materia. [📸Ajuntament de Badalona]
Localizan o corpo sen vida dun menor que desaparecera en Ares (A Coruña). O rapaz, de 14 anos, saíra da casa coa bicicleta o venres e apareceu este sábado en Punta Segaño. Na súa busca interviron equipos do 061, Salvamento Marítimo, Gardacostas, Bombeiros do Eume, Garda Civil, a Unidade de Policía Nacional adscrita á Xunta e mais do Grupo de intervención psicolóxica en catástrofes e emerxencias do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
O Exército de Israel anuncia o falecemento do líder de Hezbolá, Hasán Nasrala, nun bombardeo este venres contra a sede central do grupo libanés en Beirut. Hezbolá vén de confirmar a súa morte. Máis información, en InfoLibre. [Na imaxe, Nasrala nun comunicado en vídeo o pasado día 21 © Al Manar]
Familias do colexio Poeta Uxío Novoneyra de Seoane do Courel reclaman estradas seguras para que as nenas e nenos cheguen ao centro. As obras na estrada principal obrigan a un desvío que consideran que "non cumpre unhas condicións mínimas para circular con seguridade", pois é "extremadamente sinuoso, estreito e cunha gran pendiente, ademais de ter un firme esbaradizo de cemento, e cantos rodados nunha parte do percorrido". A Anpa solicita que habiliten vehículos apropiados á dificultade do terreo para o transporte escolar mentres continúen as obras.
Marta Lois, nova decana da Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago. A que fora candidata de Sumar nas eleccións galegas, deputada por esta formación no Congreso e, previamente, edil no goberno de Santiago por Compostela Aberta, é doutora en Ciencia Política e profesora do departamento de Ciencia Política e Socioloxía. Dirixirá o centro xunto a José Caamaño, Amparo Novo e Alba Alonso tras gañar a súa candidatura á liderada pola profesora Erika Jaráiz por 20 votos fronte a 10. [Imaxe: © USC]
Catro anos de prisión para o responsable do almacén pirotécnico ilegal que estoupou en Tui en 2018 e matou dúas persoas. A condena por dous delitos de homicidio imprudente, 28 de lesións por imprudencia e outros tres pola ilegalidade das instalacións é resultado dun acordo de conformidade da Fiscalía co acusado, que pediu "perdón" ao exercer o seu dereito á última palabra: "Outra cousa non podo facer", agregou.
Inaugurada a instalación ribeirense dende a que Ana Peleteiro preparará os vindeiros campionatos mundiais de pista cuberta e ao aire libre e mais o seguinte europeo indoor. O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, e o conselleiro da Presidencia, Diego Calvo, abriron hoxe oficialmente o módulo de atletismo cuberto do complexo deportivo da Fieiteira, onde adestrarán deportistas "como a nosa deportista olímpica Ana Peleteiro, a lle quen quero agradecer a súa aposta por Ribeira pero tamén contribuirá a que o clubs como os de Atletismo ou Taekwondo Natural Sport poidan desenvolver as súas actividades nun espazo axeitado", destaca o rexedor sobre a instalación, cofinanciada por ambas institucións. Na imaxe [©Concello de Ribeira], Peleteiro saúda a deportistas de Ribeira xunto ao alcalde e o secretario xeral para o Deporte.