Familias do colexio Poeta Uxío Novoneyra de Seoane do Courel reclaman estradas seguras para que as nenas e nenos cheguen ao centro. As obras na estrada principal obrigan a un desvío que consideran que "non cumpre unhas condicións mínimas para circular con seguridade", pois é "extremadamente sinuoso, estreito e cunha gran pendiente, ademais de ter un firme esbaradizo de cemento, e cantos rodados nunha parte do percorrido". A Anpa solicita que habiliten vehículos apropiados á dificultade do terreo para o transporte escolar mentres continúen as obras.
