A xuíza de Angrois amplía o prazo para recorrer a sentenza que condenou ao mesmo nivel o maquinista e un cargo de Adif. A sentenza foi feita pública o 26 de xullo e varias partes pediron aclaracións e despois ampliación do prazo para recorrer. Agora a maxistrada fixa un prazo de 30 días que só comezará a contar cando todas as partes reciban as aclaracións solicitadas, o que o xulgado comunicará ao resto de partes implicadas.
- HEMEROTECA | Condenada a verdade oficial do accidente de Angrois