A Executiva Nacional do BNG "non avala" a moción de censura asinada en Muxía pola edil do Bloque xunto ao PP e Independentes por Muxía contra o actual alcalde do PSdeG e inicia un expediente contra a concelleira. Ao tempo, o Bloque "critica e rexeita a actitude do actual rexedor, despótica e pouco democrática, contribuíndo a xerar un clima de crispación do que é o único responsable e que en nada beneficia a boa gobernanza do concello" e lamenta que a dirección do PSdeG non "adopte ningunha medida" fronte a esas "actitudes de desprezo coas forzas da oposición".
