Moción de censura en Muxía: PP (3 edís) Independentes por Muxía (2) e BNG (1) únense para remudar o alcalde Iago Toba (PSdeG, 5 edís) polo concelleiro Javier Sar, de IxM. No escrito no que a formulan, as tres formacións atribúen a decisión a unha "situación de desgoberno" tras 16 meses de mandato "nos que o actual alcalde se negou a dialogar" e que, din, derivou en "ausencia de orzamentos" ou sucesivos "ataques persoais e menosprezos". A moción de censura no concello muxián votarase o 7 de outubro. [Imaxe: Que Pasa Na Costa]
