ENTENDER ou viver? Eis a cuestión, escribiu Luísa Villalta en Ruído (1995). O Consello da Cultura Galega acolle este mércores, ás 18.30h, o recital Entender ou vivir, no que Xosé María Álvarez Cáccamo, Estíbaliz Espinosa, Eduardo Estévez, Francisco Fernández Naval, Míriam Ferradáns, Chus Pato, Henrique Rabuñal, Román Raña, Xurxo Souto, Marga do Val e Miro Villar dialogan coa obra da poeta homenaxeada este ano no Día das Letras. As creacións destas autoras e autores recóllense no libro coordinado por Dolores Vilavedra que dá nome ao recital. O acto poderá seguirse en directo a través do sitio web do CCG. [Imaxe da obra Irmá Luísa, Muller Faro de longa ollada, creada por Ana Pillado Vega]
🔊PODCAST | Fálase: As Letras de Luísa Villalta
➡️REPORTAXE | 'Papagaio': o retrato valente dos poemas de Luísa Villalta e as fotografías de Maribel Longueira segue vivo