Concerto solidario AMAL X GAZA para apoiar a Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina en Oriente Próximo (UNRWA). Será o xoves 17 de outubro, ás 20.30h, na Sala Capitol de Santiago, no marco da programación da XXII Semana de Cinema Euroárabe Amal. Contará coas actuacións das Tanxugueiras, Boyanka Kostova, García MC e Ataque Escampe. A poeta Lúa Mosquetera será a encargada de abrir o acto e o cómico Pablo Meixe actuará como mestre de cerimonias.
A venda de entradas xa está activa no sitio web da Sala Capitol, na tenda A Reixa de Compostela e no despacho de billetes da Capitol o propio día 17 a partir das 19.30h.