O PP consegue a alcaldía de Mondariz tras a dimisión do goberno local liderado por Alternativa por Mondariz (AxM). O grupo popular quedara segundo nas pasadas eleccións, mentres que AxM logrou a maioría con cinco escanos, pero acusou dificultades para aprobar uns orzamentos. Pablo Barcia (PP) foi escollido como rexedor no pleno deste xoves [na imaxe CC-BY-SA PPdeG Pontevedra].
