Persoal da CRTVG convoca catro xornadas de folga "contra a externalización da programación" e advirte cun paro indefinido. O Comité Intercentros anuncia que as asembleas de profesionais veñen de dar o seu visto e prace ao calendario de mobilizacións "contra o desmantelamento", principiando polos paros convocados para os días 7, 9, 11 e 14 de outubro de 11:30 a 13:00, cadrando coa emisión do novo programa O Termómetro, coproducido por empresas privadas e substituto da produción propia A Revista.
- AMPLIAMOS 👉 "Máxima tensión" nunha CRTVG con persoal a camiñar cara á folga indefinida
- Galicia non terá a autoridade audiovisual independente que esixe a UE
- Concurso público para dirixir a CRTVG: en marcha a lei popular por uns medios públicos "ao servizo do pobo"
- A nova lei galega de medios públicos xa figura entre os riscos para a liberdade de prensa en Europa
