Catro anos de prisión para o responsable do almacén pirotécnico ilegal que estoupou en Tui en 2018 e matou dúas persoas. A condena por dous delitos de homicidio imprudente, 28 de lesións por imprudencia e outros tres pola ilegalidade das instalacións é resultado dun acordo de conformidade da Fiscalía co acusado, que pediu "perdón" ao exercer o seu dereito á última palabra: "Outra cousa non podo facer", agregou.
