O presidente da Xunta anuncia que a sociedade Recursos de Galicia (RDG) "xa iniciou os trámites para poñer en marcha, a principios do ano que vén, unha comercializadora propia para abaratar e descarbonizar o consumo de enerxía". A empresa denominarase RDG Comercializadora galega de enerxía e "terá como clientes obxectivos a sectores estratéxicos da economía galega e aos veciños dos proxectos de xeración de enerxía que a compañía comercialice". Ofertará, segundo avanzou Alfonso Rueda, unha "enerxía 100% renovable, por un prezo estable e substancialmente por debaixo de mercado".
👉🏻HEMEROTECA | A disolución do Parlamento deixa sen regular a sociedade de explotación de recursos naturais creada pola Xunta e varias empresas
👉🏻HEMEROTECA | A Xunta reduce ao 30% a participación na empresa coa que quere explotar recursos naturais, na que están Abanca ou Ence
👉🏻HEMEROTECA | "Temos o apoio das empresas", di Rueda ante as críticas do PSdeG ao modelo de explotación de recursos naturais do PP