Unha empresa de alarmas condecora á Xunta. O director xeral de Emerxencias do Goberno galego, Santiago Villanueva recibiu este martes a "placa de ouro de seguridade de Securitas Direct" que, di, "acredita a Galicia como unha das comunidades máis seguras de España" segundo un estudo da compañía baseados, entre outras variables, nas súas propias alarmas. A filial española desta compañía sueca, representada no acto polo seu director territorial, Javier Iglesias, vén centrando gran parte da súa expansión nos últimos anos en alertar dun suposto risco de ocupacións ilegais de vivenda.
