O Goberno Vasco declara no municipio de Errenteria a súa primeira zona tensionada no mercado de alugueiro, o que permite empregar os mecanismos da lei estatal de vivenda para limitar prezos dos arrendamentos e prorrogar contratos. Tras Catalunya, Euskadi é a segunda autonomía en activar esta figura, á que a Xunta se opón en Galicia, e avanza que "ten en marcha" esta mesma declaración para outras tres localidades. O anuncio foi realizado polo conselleiro de Vivenda do Goberno Vasco, Denis Itxaso (PSE) e a alcaldesa de Errenteria, Aizpea Otaegi (EH Bildu), na imaxe, do Goberno Vasco.
- DATOS | País de propietarios, rendismo popular e alugueiro disparado á espera dos gobernos
- HEMEROTECA | Fronte da Xunta coas inmobiliarias contra os concellos que buscan limitar os alugueiros ao abeiro da lei estatal
- HEMEROTECA | A dirección central do PP sentencia que a Xunta non aplique os límites ao alugueiro que piden A Coruña e Santiago