O Estado de Israel declara persona non grata e prohíbelle á entrada ao secretario xeral da ONU, António Guterres, a quen dá en acusar de "apoiar a terroristas". Xustifican a decisión polas primeiras consideracións de Guterres tras o lanzamento de mísiles de Irán a territorio israelí, paralelas á invasión do Líbano por parte do Estado hebreo. Nese comunicado, o secretario xeral da ONU condenou a "escalada" do "conflito de Oriente Medio" e chamou por un alto o fogo". A finais de 2023 Israel xa acusara a Guterres de ser "un perigo para a paz mundial" por reclamar un alto o fogo en Gaza. [Imaxe: ©UN]
