Irán responde con lanzamentos de mísiles sobre Tel Aviv e Xerusalén tras matar Israel os líderes de Hamás e Hezbolá mentres, ao tempo, o exército israelí invade o Líbano. A escalada bélica prodúcese mentres Israel reitera os seus ataques contra territorios palestinos; segundo un estudo de Oxfam, xa matou en Gaza máis mulleres e crianzas que calquera outra guerra nos últimos vinte anos.
