O Tribunal de Xustiza da UE anula de vez os acordos de pesca e agricultura con Marrocos por asinárense sen consentimento do Sáhara Occidental. Estes pactos de 2019, subliña o TXUE en liña co xa ditaminado polo Tribunal Xeral da UE en 2021, "aos que o pobo saharauí non prestou o seu consentimento, celebráronse vulnerando os principios de autodeterminación". O acordo pesqueiro expirou en 2023. Na imaxe, a gran sala do tribunal [©TXUE]
