Persoal das fundacións públicas de investigación biomédica (INIBIC, FIDIS e Fundación Biomédica Galicia Sur) e da Fundación pública de medicina xenómica concéntrase en Vigo [na imaxe CC-BY-SA CIG], na Coruña e Santiago para reclamar o inicio das negociacións para un novo convenio único que regule as súas condicións laborais, agora que dependen do Sergas.
As e os profesionais responsables de toda a investigación que se realiza no eido da sanidade pública galega manteñen "unha diferenza importante" nas retribucións a respecto do resto do persoal do Sergas: "Non teñen dereito á carreira profesional e se lles nega o dereito ao cobro de trienios, como ao resto do persoal público", apunta dende a CIG Miguel Tizón.
