A veciñanza volve pedir o acceso libre á illa de Toralla. Asociacións veciñais e ecoloxistas concentráronse este sábado na praia do Vao (Vigo) para reclamar a entrada libre á illa e a senda peonil litoral aprobada en 2008.A asociación Veciñal de Coruxo, a Asociación Veciñal de San Miguel de Oia, a Plataforma pola Defensa da ría Vigo-Cíes, Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace despregaron un pancarta xigante co lema de “Únete a reconquista de Toralla”.
