Os coches oficiais gasolina e diésel que vai mercar Presidencia serán da marca Škoda. A consellería que dirixe Diego Calvo está na recta final da adxudicación do contrato ao que só concorreu un concesionario, o compostelán Bonaval Móvil, que ofreceu o modelo Superb L&K 2,0 TSI DSG 7 para o coche de gasolina e o Superb L&K 2,0 TDI 142 kW DSG 7 para os tres diésel, en ambos casos da marca checa, por un custo total de 197.496 euros. Na imaxe, o modelo de coche de gasolina que se dispón a adquirir a Xunta, polo que abonará 50.499 euros. [© Škoda]
- Presidencia merca un coche oficial de gasolina e tres diésel e frea na transición a híbridos e eléctricos
- HEMEROTECA | A Xunta envía á chatarra 59 Citroën unha década despois da campaña de Feijóo a prol da marca e compra 84 coches novos
- HEMEROTECA | O Consello de Contas non é quen de "verificar, de forma precisa" canto aforrou a Xunta en coches oficiais