Detido o condutor de Moaña polo homicidio, no ámbito da violencia de xénero, da muller que ía con el. A Garda Civil detivo o home de 47 anos de idade, veciño de Moaña, que conducía o vehículo que se precipitou ao mar á primeira hora da mañá do sábado desde o paseo de Domaio, como presunto autor dun delito de homicidio pola morte da muller que ía con el no coche. O home xa tiña antecedentes por violencia de xénero. A corporación municipal de Moaña convocou unha concentración para este domingo pola tarde como sinal de rexeitamento e condena “a tan terrible acto”.
