Compostela acolle este domingo unha manifestación conxunta de apoio a Palestina. “Enchamos as rúas de Compostela de solidariedade coas nosas irmás palestinas, libanesas, iranianas... con todas aquelas que resisten e combaten o colonialismo e o terrorismo do estado sionista”, defenden dese a Marcha Mundial das Mulleres.
Máis de 190 entidades galegas asinan a convocatoria da Coordenadora Galega de Solidariedade coa Palestina para participar na manifestación deste domingo en Compostela. No aniversario da invasión sionista da Faixa de Gaza, denuncian “o xenocidio e a ocupación da Palestina”. A marcha sairá ás 12 horas da Alameda compostelá.
- ENTREVISTA | Susana Mangana: "A provocación a Irán serve a Netanyahu, que estaba a perder a batalla do relato e agora vólvese colocar no papel de vítima"
- Gaza, dez meses despois: o xenocidio segue sen que ninguén deteña a Israel
- ENTREVISTA | Bichara Khader: "O espertar da sociedade, tamén da galega, é útil para o pobo palestino"
- HEMEROTECA | Hamás ou o búmerang da historia: como Israel contribuíu á súa fundación