Confirmado como un caso de violencia machista o asasinato dunha muller de 41 anos en Domaio (Moaña) o pasado sábado. A Delegación do Goberno de España contra a Violencia de Xénero vén de ratificalo mentres o home, que xa tiña antecedentes por violencia de xénero, vén de pasar este luns a disposición xudicial. Organizacións feministas convocan mobilizacións para este serán; na imaxe, recompilación das convocatorias elaborada pola Marcha Mundial das Mulleres. Trátase do terceiro asasinato machista no que vai de ano en Galicia tras os acontecidos en Ribeira e A Coruña.
