Os restos do furacán 'Kirk' deixarán a toda Galicia en alerta laranxa este mércores, e con alerta vermella no mar nas Rías Baixas. O vento comezará a soprar con forza a medida que avance a tarde deste martes e a chuvia irá intensificándose. O momento crítico, con refachos de vento máis fortes, agárdase para a vindeira madrugada, segundo avanza MeteoGalicia, que apunta que a partir do mediodía do mércores volverá a normalidade.
