Medio Rural dá por controlado o incendio na parroquia de Meira, en Moaña, que na tarde deste luns mantivo alerta a toda a veciñanza da zona pola proximidade das lapas ás vivendas, polo que se decretou a Situación 2 de emerxencia. A Consellería estima que arderon máis de 20 hectáreas de terreo neste lume, no que aínda seguirán traballando ata lograr a súa extinción.
O lume na parroquia de Guillade, en Ponteareas, segue estabilizado e "evoluciona favorablemente", segundo traslada Medio Rural. Leva arredor de 25 hectáreas ardidas e está "practicamente perimetrado".
