A Xunta inclúe Castela e León na obriga de control polo coronavirus de viaxeiros que cheguen a Galicia, da que segue fóra Asturias. Portugal mantén a obriga pero xa non Francia, nunha actualización da anterior listaxe, do 8 de xaneiro, que Sanidade volve realizar novamente máis tarde dos 15 días de prazo máximo que se deu a si mesma.
